Oitocentos escolares de toda a provincia participaron nos obradoiros “Espazos Kids” organizados pola Deputación

Diputación de Ourense

A iniciativa sumou 45 sesións dende febreiro, dentro do proxecto "Emprende Makers".

Dende o pasado mes de febreiro celebráronse en 28 colexios da provincia os "espazos kids" encadrados no proxecto "Emprende Makers", que contempla accións de difusión en centros escolares co principal obxectivo de dar a coñecer as TICs e as "tecnoloxías Maker", combinadas co desenvolvemento da intelixencia, a creatividade e a imaxinación dos máis pequechos a través de actividades lúdicas e educativas enfocadas ó deseño e a fabricación dixital.  A formación foi impartida pola empresa adxudicataria CAPTIOMA, firma ourensá especializada nas novas tecnoloxías.

O éxito desta iniciativa, explican dende a organización, fixo que dende o seu inicio foran ampliándose os centros e talleres a impartir, ata chegar a 45 sesións nas 12 comarcas da provincia, e acadando así una participación de 800 alumnos, formados en materias como robótica, creación interactiva, "gamemakers", e deseño e impresión 3D.

Os monitores do proxecto resaltan o nivel de interación cos alumnos, e que dende os propios centros educativos sinalaron o acerto de iniciativas deste tipo para promover e facilitar o acceso no ámbito provincial ás novas tecnoloxías desde as institucións públicas.

O proxecto "Emprende Makers" ten como principal obxectivo mellorar a competividade das pemes, optimizando as condicións necesarias e propicias para a aparición de novas iniciativas empresariais. Tamén facilitará a creación e desenvolvemento dunha rede de emprendemento baseada nos centros de fabricación dixital e prototipado na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que actuará como un espazo común de innovación tecnolóxica e creativa, para que as persoas interesadas no seu uso (especialmente mozos) poidan desenvolver as súas ideas de proxecto tecnolóxico e creativo, dende a súa concepción e prototipado, pasando polo seu testeo e adaptación ós mercados para acabar sendo acelerada e lanzada.

O proxecto "Emprende Makers" está cofinanciado ó 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do PROGRAMA INTERREG V A ESPAÑA - PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020.