A Deputación de Ourense, a través do proxecto Emprende Makers levará a cabo formación en emprendemento a través das tecnoloxías “maker”.
A formación en emprendemento é una das actividades a desenvolver pola Deputación de Ourense dentro do proxecto Emprende Makers, o cal está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A ESPAÑA - PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020.
Levaranse a cabo accións formativas específicas no campo do emprendemento, onde se ofrecerá aos alumnos diversas ferramentas de traballo para a xestión empresarial (dirección estratéxica, xestión de persoas, marketing, etc.), facendo especial fincapé tamén nas diferentes posibilidades e ferramentas de acceso á financiamento, a internacionalización e o acceso a mercados exteriores.
Os talleres que se levarán a cabo son:
T1. Novas metodoloxías para emprender – 4 horas.
T2. ¿Que necesito entender para construír un emprendemento economicamente viable? – 2 horas.
T3. ¿Como presentar o meu emprendemento para conseguir financiamento? – 4 horas.
T4. Comportamento de compra das organizacións – 2 horas.
T5. Descubrir ao meu cliente: ¿cales son as necesidades do meu cliente? – 4 horas.
Aqueles Concellos interesados en recibir estes talleres poderán pedir máis información na páxina web www.norformacion.es, ou no teléfono 986 336 850.